Galicia Media
Agencia de Medios de Comunicación
Galicia Media naceu en Santiago de Compostela en 1993 coa intención de satisfacer todas as necesidades de comunicación dos nosos clientes, ofrecéndolles un servizo integral, eciente e personalizado.
O noso equipo humano, integrado por profesionais especialistas no eido da publicidade, deseño, comunicación, novas tecnoloxías… está en constante proceso de formación para ofrecer aos nosos clientes sempre unha estratexia novidosa e única, pensada para cumprir cos obxectivos especícos de cada campaña.
O que nos permite ofertar un gran abanico de servizos como son a elaboración de plans de medios e compra de espazo publicitario, tantos nos medios tradicionais como nos novos soportes dixitais, deseño de campañas de comunicación e relacións públicas, creación de orixinais, publicacións editoriais, produción de spots publicitarios, elaboración de banners e contidos multimedia, asesoramento e revisión lingü.stica,… así como calquera outro tipo de acción que axude a que os nosos clientes alcancen o seu target nal, optimizando sempre ao máximo o orzamento dispoñible.
Galicia Media, á marxe dos seus propios recursos, é a sociedade matriz dun grupo de empresas relacionadas co sector da comunicación, o que lle permite asumir con total garantía calquera reto profesional neste eido.
1.- Canle de Comunicación (con sede en A Coruña) é un estudio creativo, especialista en servizos de deseño e produción audiovisual.
2.- Edicións Lea asume a edición de publicacións en galego, con 14 coleccións que suman máis de 250 títulos, nos que destacan os relacionados co mar ou os medios de comunicación.
3.- Omnibus realiza estudos de mercadotecnia e de avaliación de resultados.
4.- Ace céntrase na comunicación empresarial, ofertando servizos de prensa e relacións públicas.
5.- Anosar-Galicia Media Traducións é unha axencia de tradución e supervisión lingüística de calidade en todos os idiomas comunitarios. Intérpretes, tradución simultánea, traducións xuradas, etc.
6.- Laverde Producciones y Ediciones é especialista en producións en lingua castelá tanto en soporte gráfico como electrónico (libro, CD, internet, etc.).
7.- Fundación Lea encárgase da promoción de actividades culturais entre as que destaca unha convocatoria anual de premios de investigación e desenvolvementeo (I+D) dirixido a mozos e mozas universitarios.
Servicios de la Agencia
O noso afán innovador no eido da comunicación lévanos a realizar unha inversión continua en proxectos de I+D+I, que implican non só a incorporación e adaptación das tecnoloxías emerxentes á nosa empresa, senón tamén o desenrolo de novas ferramentas que ofrecer o mercado publicitario, adiantándonos así as novas tendencias neste campo.
Traballamos en mellorar a calidade dos servizos ós nosos clientes, desenvolvendo tecnoloxía propia e eficaz, por exemplo, no seguimento das campañas de publicidade on-line co proxecto clicktrack, que pode consultarse en http://www.clicktrack.es